Friday 19 de April de 2024

O Concello de Laxe organiza varias proxeccións de cine familiar ao aire libre e por diferentes parroquias


• Durante o mes de agosto poderanse ver varias películas infantís na vila de Laxe, en Serantes e en Nande.

O Concello de Laxe programa para este mes de agosto a proxección de varias películas en galego para un público familiar e ao aire libre. A novidade deste ano é que a actividade percorre varias parroquias para que ninguén quede sen participar. Filmes que se poderán visualizar:

• Sábado 13. ‘Maimiño e o espello máxico’. (Praza de Ramón Juega ás 22:30 horas).

• Sábado 20. ‘Pinocho 3000’. (Zona do local social dos veciños de Serantes, ás 22:30 horas).

• Venres 26. ‘Nocturna, unha aventura máxica’. (Fronte á igrexa de Matío, en Nande, ás 22:30 horas).

Desde o goberno local agardan que toda a rapazada poida “gozar dunha iniciativa que busca ofrecer un momento de diversión e desfrute a nivel familiar e de amizade”. Salientan, ademais, a importancia de descentralizar a programación ‘porque o rural tamén conta e demanda este tipo de actividades”.